Finalistas con nervios
O escenario e a solemnidade pesan. Queremos que a súa noite se viva como unha celebración, non como un exame.
Propostaensaia × Miraveo · A Coruña
Unha gala verbeneira.
Mantemos o que importa —o recoñecemento, os discursos, a Bolsa ensaia— e collemos das verbenas o que mellor fan: xuntar a comunidade, sentar á mesa e celebrar sen présas.
Unha proposta da comisión de festas de ensaia
02Por que cambiar
Cada ano a gala de ensaia en Miraveo pon en valor ás oito persoas finalistas e entrega a Bolsa ensaia de 10.000 €, financiada pinga a pinga. Pero o formato foise volvendo moi cerimonioso, e iso non se parece a nós.
O escenario e a solemnidade pesan. Queremos que a súa noite se viva como unha celebración, non como un exame.
Moitos discursos seguidos e un público sentado en filas que mira, pero que case non participa nin conversa.
A comunidade de ensaia vén para coñecerse. A gala é a noite do ano en que máis xente se xunta, e queremos aproveitala.
03O concepto
En Galicia, a verbena é a forma máis nosa de xuntar a comunidade: música, mesas longas, comida popular, a orquestra e unha comisión de festas que o organiza todo. A Verbegala é un híbrido: sobria e chea de valor coma unha gala, próxima e relaxada coma unha verbena.
o que gardamos
o que traemos
o resultado
…e a verbegala é o día en que todo o bosque se xunta no torreiro.
04Obxectivos
Seis metas sinxelas que guían cada idea da proposta.
Unha gala con ritmo, momentos variados e sen tempos mortos.
Que as persoas finalistas desfruten da súa noite en vez de padecela.
Espazos e tempos pensados para coñecerse e falar.
Un concepto próximo, xeneroso e en común, coma nós.
Que a verbegala se converta na cita á que ninguén quere faltar cada ano.
Que ensaia fale menos e deixe máis espazo ás finalistas e á comunidade.
05O importante
Cambia a forma, non o fondo. A verbegala segue sendo o acto máis importante do ano para ensaia.
Seguen tendo o seu momento, coidado e en silencio. Só máis curtos e mellor colocados na noite.
O recoñecemento ás oito persoas finalistas e a entrega da Bolsa ensaia seguen no centro.
É unha verbegala: unha gala verbeneira. Sobria cando toca, festeira cando apetece.
Non é unha festa…é unha gala verbeneira!
06As ideas
Cada tarxeta é unha idea con como facela barata, o seu custo aproximado e a fase. Preme «Gústame» nas que vos convenzan: quedan gardadas neste navegador e ao final podedes enviárnolas.
07O espazo
A sala de Miraveo na Coruña xa ten un escenario que mira ao centro. Só hai que vestila de torreiro: luces, lazos, paraugas, mesas longas e unha alfombra azul.
1
2
3
4As instalacións no teito dependen dos puntos de ancoraxe e das normas da sala: hai que validalas con Miraveo.
08Propostas gráficas
Primeiras imaxes de ambiente para imaxinar a verbegala. Son referencias de traballo, non deseños finais.




Grandes festas
en honra ás pingas
A Verbegalade ensaia
unha gala verbeneira · 2026
Organiza: a comisión de festas de ensaia
09O cartel
Un cartel de festas de toda a vida —«Grandes festas en honra a…», «Actuarán…», «Organiza a comisión»— reescrito en clave ensaia: a nube, as pingas, as sementes e o micelio, en azuis e con moito aire.
Esta é unha primeira proposta de dirección. Data, hora e programa definitivo engádense cando estean confirmados.
E veña festa!
10O programa-panfleto
Toda a información nun tríptico coma os das verbenas. Debaixo, unha proposta de orde da noite: os tempos son orientativos e están para debatelos.
Programa oficial · 2026
unha gala verbeneira
Torreiro de Miraveo · A Coruña
Data e hora: por confirmar
Orde da festa · I
Orde da festa · II
Organiza: a comisión de festas de ensaia. Grazas a todas as pingas.
11Por fases
Case sen orzamento, así que imos por fases: primeiro o que non custa nada e máis se nota; despois o que podemos conseguir prestado ou doado; ao final, o que depende da sala ou dun apoio extra.
Os niveis de custo son orientativos (sen custo · baixo · medio) e non inclúen prezos: concretaranse con orzamentos reais.